A nosa misión:
- Facer un evento pioneiro do interiorismo galego.
- Potenciar o deseño galego.
- Deseñar espazos con mobiliario galego.
- Recuperar oficios tradicionais e profesionais.
- Apoiar a recuperación do patrimonio arquitectónico.
- Revalorizar os inmobles emblemáticos en desuso.
- Dar a coñecer pezas singulares feitas en Galicia.
- Dar visibilidade ao traballo artesanal e ás persoas que están detrás.
- Crear proxectos de interiorismo sostibles.
- Poñer en valor os recursos naturais e materias de Galicia.
- Apoiar o desenvolvemento do ecosistema empresarial galego.
- Apostar por un futuro de ecodeseño galego.
- Favorecer as formas de consumo consciente e a economía circular.
- Impulsar a comercialización das marcas galegas.
Proposta
Creafogar é un evento de interiorismo en clave galega. Durante 20 días, unha vivenda cunha longa historia de vida, permanecerá coas súas portas abertas, para mostrar, ademais de a si mesma, a todo o mobiliario e demais produto do fogar feito en Galicia, dentro dun proxecto de interiorismo no que se somete á vivenda a unha renovación de imaxe, á vez que se presenta por primeira vez, unha vivenda cun interiorismo puramente galego.
O evento permanecerá aberto ó público tanto profesional como xeral, no que se farán mesas redondas, talleres e presentacións de sectores vinculados ó fogar.
A vivenda
A vivenda a inrtervir dispón das seguintes características:
- Situación: a ubicación da vivenda será no centro da cidade de Santiago de Compostela.
- Afluencia de visitantes: a situación da vivenda facilitará o fluxo de visitas por dispor dunha boa comunicación cos medios de transporte, conexións co aeroporto, ademais de proximidade de aparcadoiros.
- Esencia galega: na vivenda aplicarase un interiorismo con esencia galega que respectará a súa arquitectura orixinal.
As promotoras
As interioristas das firmas Denadinteriores e Spacio-b, acreditadas polo selo Artesanía de Galicia, deseñarán “en clave galega” o interiorismo de toda a vivenda, ademais de coordinar ós diferentes creadores e gremios da construción participantes no evento.
Participa
Invitarase a participar a marcas galegas, con produto do fogar feito en Galicia tales como:
- Artesáns que crean artigos ou mobles para uso e decoración da vivenda.
- Fabricantes que producen mobles, tecnoloxía ou artigos para decorar o fogar.
- Profesionais dos gremios do sector da construción e do interiorismo que interveñen na creación do fogar.
Artesáns:
- Menaxe
- Tapices e téxtiles
- Decoración
- Outros
Profesionais:
- Arquitectura
- Deseño
- Oficios
- Paisaxismo
- Formación
- Outros
Fabricantes:
- Iluminación
- Alfombras
- Mobles
- Sofás
- Colchóns
- Outros
Programación do evento
Levaranse a cabo diferentes actividades durante o evento: